Para conmemorar o día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares, os nenos enenas de 6ª de Educación Infantil o longo do mes de maio e xuño elaboramos o proxecto " A Galiña Azul"onde estudamos a biografía e obra do autor homenaxeado.
Comezamos o proxecto coñecendo que era Carlos Casares, onde nacera, viviu, traballou e que obras escribiu recopilando información na nosa biblioteca do centro e a través de internet e sobre todo das fichas didácticas que nos proporcionou o Seminario Galán.
Todas as semanas na hora da lectura limos os seguintes libros de Carlos Casares: Toribío reboluciona o tráfico, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, A galiña Azul, O can Rhin e o lobo Crispín e Lolo anda en Bicicleta.
O libro que máis nos gustou foi " A Galiña Azul" por ese motivo dedicámolles máis tempo.Todas as semanas na hora da lectura limos os seguintes libros de Carlos Casares: Toribío reboluciona o tráfico, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, A galiña Azul, O can Rhin e o lobo Crispín e Lolo anda en Bicicleta.
Con distintos materiais creamos a nosa Galiña Azul.
Así son as nosas galiñas de barro, despois de secas, pintamolas de azul con témpera.
Con pasta de modelar tamén creamos a Galiña Azul
Comentarios
Publicar un comentario