MARIO PENSABA QUE O GALEGO NON SERVÍA PARA NADA

Nenas e nenos escoitan a historia de Mario contada por un dos autores, mentres o ilustrador realiza un mural vinculado ao conto. Comenza despois unha rolda de prensa guiada polos autores, na que nenos e nenas interaccionan co conto e co debuxo de xeito que se traballa a compresión e expresión oral. Para rematar, nun obradoiro de ilustración, todos xuntos, debuxarán candanseu retrato do pirata , personaxe do conto.

























Comentarios