A nosa mascota, Popi, xa está preparada para comezar o Camiño de Santiago. Encontrase na Ponte Internacional que une Galicia con Portugal, na cidade de Tui.
Popi quere que o axudemos a descubrir a cidade de Tui, que sabemos desta cidade?
As nenas e nenos da clase de 4 anos investigamos sobre a cidade de Tui, e moitos de nós, visitamos a cidade e con todo o que aprendemos dela fixemos este gran mural.
Gracias as familias pola súa colaboración na investigación da cidade de Tui!!
Esto foi o que aprendemos:
- Tui comeza o Camiño de Santiago , se o queremos facer sin salir de Galicia, se queremos facer todo o Camiño Portugués temos que comezar en Lisboa.
- Tui ten unha catedral
- Unha igrexa dedicada a San Telmo.
- Unha ponte pola que pasan trens e coches e une Galicia e Portugal, xunto co río Miño.
- Ten un monte que se chama Aloia.
-Hai uns parques que teñen estatuas de cabalos e unha dedicada ao filósofo Socrates.
-A gastronomía típica son as gulas e a lamprea.
- Ten un escudo de cor azul con unha lúa e tres estrelas debuxadas.
Comentarios
Publicar un comentario