Dentro do noso proxecto do Camiño de Santiago intentamos vivir a experiencia do Camiño durante máis dun km, dende o parque de Campolongo ata o Albergue de Peregrinos.
Comezamos collendo forzas cunha merenda sa, e
aproveitamos para xogar un pouco no parque novo
Despois emprendemos unha dura marcha na que vimos o río Gafos, fentos da época dos dinosauros, pontes, túneles..... E sentímonos como auténticos peregrinos que teñen que camiñar moito para chegar ata o seu destino.
Alí recibiunos Tino Lores xunto cunha hospitaleira, rexistrámonos, vimos as intalacións e incluso durmimos un pouquiño nas literas:
Comentarios
Publicar un comentario