O xeoplano foi creado polo matemático exipcio Caleb Gattegno sobre 1960, quen buscaba un método para ensinar xeometría dunha forma máis didáctica. Aunque hoxe en día a maioría son de plástico, o orixinal consistía nun tableiro cadrado de madeira con cravos formando unha trama, de tal maneira que estos sobresalían e se podían enganchar as gomas elásticas que van a servir para representar as diferentes figuras xeométricas.
O xeoplano é un recurso didáctico moi interesante para traballar a xeometría de forma manipulativa.
Con el non só podemos construir formas xeométricas, senon descubrir as propiedades dos polígonos, resolver problemas
matemáticos, aprender sobre áreas, perímetros,… en definitiva un recurso
imprescindible para aprender matemáticas.
Comentarios
Publicar un comentario