MAGOSTO

 MAGOSTO

No noso centro o magosto sempre foi unha festa de xogos populares e non so de comer castañas. Da realización destes xogos encargábase o alumnado de sexto de primaria. Neste curso dada as restriccións do Covid iso non era posible. Houbo xogos pero organizados polo profesorado. Todo o alumnado gozou con eles e nós non fomos a excepción, sobre todo ao principio, porque aos dous últimos xogos xa non chegamos.

Comezamos polo xogo de encestar as castañas na Ra:






Seguimos pola Diana:



O xogo da corda:




Atrapa a castaña:


E, por fin, tomando as castañas, os preñados e a bica:



Coa panza chea comezamos a acusar o cansancio, xogamos a intentar quitar as pelotas da caixa, pero xa nos costaba mover o cu:


                     

Pasarnos á castaña:



E xa descansamos, aínda que quedaban dous xogos máis. O vindeiro curso faremos todos os xogos.






Comentarios