O fiel contraste representa a un traballador ou funcionario municipal na Idade Media.
Adoitaba estar na entrada dos mercados e era o encargado de pesar e medir todo o que alí vendíase ( cereais, leite, pan ,legumes…) garantindo que as cousas se
vendesen ao prezo que correspondía e para iso se valía dunha balanza.
O primeiro fiel contraste que houbo na cidade foi nomeado en 1508 e o
último en 1889.
A figura é unha homenaxe ao funcionario honrado.
Comentarios
Publicar un comentario